Thursday 02 de May de 2024

O Concello localiza 47 espazos da cidade viables para a potencial implantación de enerxías renovables


A instalacións de placas fotovoltaicas e xeradores eólicos na cidade evitaría a emisión de 4.010 toneladas de CO2 ao ano

O Concello da Coruña vén de elaborar un estudo de enxeñaría consolidado para a posible implantación de enerxías renovables nas infraestruturas municipais da cidade. En total, levouse a cabo unha análise de 198 espazos, dos cales 47 foron catalogados como viables, desde o punto de visto enerxético, para a implantación de sistemas de xeración de enerxías renovables. O estudo ten como obxectivolocalizar os espazos que permitan explorar as posibilidades de xeración de enerxía reducindo emisións e tamén gasto enerxético.

O estudo tamén sinala que hai outras 28 ubicacións nas que se podería actuar pero será necesario recoller máis información sobre os seus consumos propios e asociados. Este estudo ten un carácter preliminar e agora o Concello estudará en detalle os resultados e os datos analizados do consumo eléctrico coa fin de analizar a viabilidade dos enclaves.

Segundo os datos analizados, de levarse a cabo a instalación de 41 puntos de xeración de enerxías fotovoltaicas estímase que podería acadarse unha potencia eléctrica coa que se evitaría a emisión de 4.010 toneladas de CO2 ao ano, cunha potencia instalada de 1,38 MWp. Ademais, localízanse outros seis puntos que serían viables para a instalación de xeneradores de enerxía eólica, que poderían producir 15,33 MWh/ano.

Na fase inicial deste proceso estudáronse as alternativas de xeración, os recursos dispoñibles, e se calculou o potencial de xeración renovable dentro dun escenario de máximos. A continuación, calculouse a demanda e o seu reparto, axustouse o deseño á demanda prevista e realizouse un estudo económico preliminar. Só a enerxía fotovoltaica serviría para abastecer as necesidades de suministro de 122 dependencias públicas.

O estudo demostra o potencial da cidade para a instalación de sistemas de enerxía verde e alternativa. Agora estudaranse as alternativas para establecer se resultan viables en cada estudaranse as alternativas para establecer se resultan viables en cada caso e para proxectar as accións precisas que permitan reducir os consumos e o abastecemento a base de enerxías limpas.

Instalacións propostas
● C.E.I.P. Alborada
● C.E.I.P. Concepcion Arenal
● C.E.I.P. Curros Enríquez
● C.E.I.P. Juan Fernández Latorre
● C.E.I.P. Manuel Murguía
● C.E.I.P. Maria Barbeito
● C.E.I.P. Montel Touzet
● C.E.I.P. Nosa Señora do Rosario
● C.E.I.P. Raquel Camacho
● C.E.I.P. Sagrada Familia
● C.E.I.P. San Francisco Javier
● C.E.I.P. San Pedro de Visma
● C.E.I.P. Sanjurjo de Carricarte
● C.E.I.P. Víctor López Seoane
● C.E.I.P. Wenceslao Fernández Flórez
● Centro Cívico Municipal A Silva – Ventorrillo
● Centro Cívico Municipal Os Mallos

● Centro Cívico Municipal Monelos
● Centro Cívico Municipal Monte Alto
● Centro Cívico Municipal Palavea
● Centro Cívico Municipal San Pedro de Visma
● Centro Cívico Veciñal Feáns
● Centro Municipal de Animais de Compañía – Bens
● Centro Municipal Salvador de Madariaga
● Cidade Deportiva de Riazor
● Complexo Polideportivo de San Diego
● Edificio con Locais en Glasgow 5-7
● E.I. Luís Seoane
● Fundación Luís Seoane
● Kiosco Alfonso
● Mercado Municipal de Elviña
● Mercado Municipal de Palavea
● Parque de Bombeiros
● Policía Local (Xefatura Miguel Servet)
● Polideportivo de Labañou
● Polideportivo do Barrio das Flores
● Polideportivo do Ventorrillo

● Polideportivo Monte Alto
● Polideportivo Sagrada Familia
● Polideportivo San Francisco Javier
● Servizo de Promoción Económica e Emprego